Tuesday 17 de September de 2024

Accidente de coche no restaurante Canta la Rana de Buño, no concello de Malpica de Bergantiños


Os bombeiros do parque Comarcal de Carballo foron solicitados ás 08:23 horas deste domingo para excarcerar ao condutor dun vehículo tras producirse un accidente na estrada AC-422 en Buño, no concello de Malpica de Bergantiños, en dirección a Ponteceso.

O coche impactara contra o poste de formigón no que se atopa o cartel do restaurante Canta la Rana, quedando parado no aparcadoiro privado do local. O impacto produciuse no lateral do condutor, quedando a porta empotrada. Finalmente os bombeiros non tiveron que excarcerar a vítima xa que o GES de Ponteceso procedera con anterioridade ás labores de rescate. No vehículo ía outra persoa que resultou ilesa. Non houbo máis coches implicados.

No operativo tamén participaron o 061, a Garda Civil de Tráfico e Policía Local de Malpica.